DeportesPiraguismoÚltima hora

O piragüista barquense Adrián Prada, na I Copa Sprint Olímpico en Trasona

Participaba en tres competicións e pasaba a tres finais

 

Entre os participantes na I Copa Sprint Olímpico, que se celebraba na pasada fin de semana en Trasona (Avilés), estaba o padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez, do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro.

Nesta cita, dun alto nivel, tomaban parte 682 participantes (435 homes e 247 mulleres) para as distancias de 200, 500 e 1000 m en embarcacións K1, K2 , K4 e paracanoe. Adrián Prada competía en K2-200, K2- 1000 e K4-1000.

 

 

O sistema de competición consistía nunha contrarreloxo e os 9 primeiros tempos ían á Final A, os 9 seguintes pasaban á Final B e o resto de embarcacións quedaban eliminadas. Os barcos do Clube Piraguismo Rias Baixas-Boiro nos que ía o piragüista valdeorrés chegaron ás Finais B en K2-200 (5º) e K2-1000 (4º) e á Final A en K4-1000 (9º).

 

Artigos relacionados

Back to top button