DeportesPiraguismoÚltima hora

O piragüista barquense Adrián Prada, quinto en K4 500 no galego de pista sénior

O padexeiro Adrián Prada, en K1 en Verducido.

 

Moi preto do podio quedaba o piragüista barquense Adrián Prada Pérez, que compite co Club Piragüismo Verducido-Pontillón, no Campionato galego de pista sénior, que se disputaba en Verducido neste domingo 11 de xullo.

Así Adrián Prada quedaba quinto en K4 500, nun barco que compartía con Roi Carles, Miguel Paz e Joaquín Iglesias. Ademais, o padexeiro barquense, que á adestrado por Jabucho, conseguía competir nas finais A (as que pasan os nove primeiros das cronos) doutras dúas categorías: a de K1 1000m, onde quedou oitavo, e a de K2 (xunto a Joaquín Iglesias) 1.000 m, na que o seu barco entrou sétimo.

Fotos cedidas.

 

O padexeiro barquense, en K2.

Artigos relacionados

Back to top button