Cunha oitava posición vén concluír a participación do piragüista barquense Adrián Prada Pérez (Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro) no seu primeiro Campionato de Europa de maratón en categoría sénior. A proba disputábase esta tarde en Slavonski Brod (Croacia). e remataba rozando ás oito da tarde.
Adrián Prada completaba o percorrido de 29,80 km nun tempo de 2:13:21.59, sendo o do primeiro clasificado, o danés Mads Pedersen de 2:08:45.17. A prata nesta competición lográbaa o galego Iván Lage, cun rexistro de 2:09:38.42. Nesta proba, de gran nivel, participaban 22 padexeiros sénior de diferentes países europeos.