CulturaCulturaÚltima hora

O poboamento castrexo e a minería aurífera no sur da provincia de Lugo, analizados nunha tese

Esta investigación, cuxo autor é Luis Francisco López González, ofrece unha nova imaxe do impacto e dos cambios causados pola conquista romana

Publicidade
Xacecemento de Castromaior./ Foto: cedida polo CSIC.

 

A evolución do poboamiento castrexo e dos procesos de territorialización no sur da provincia de Lugo vén de ser analizada nunha tese doutoral de Luís Francisco López González, realizada no Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC, Madrid) e defendida recentemente na Universidade Complutense de Madrid (UCM).

“Esta tese é o resultado dunha longa investigación centrada no estudo do poblamiento da Idade do Hierro e de época romana altoimperial nas serras orientais galegas dos Ancares e O Courel e no sur da provincia de Lugo. Baséase nun rexistro obtido no curso de traballos de arqueoloxía de xestión, incluíndo as escavacións nos castros Sta. María de Cervantes, Castromaior, Viladonga, Arxeriz ou Castañoso”, explica o autor, que realizou a investigación baixo a dirección de Almudena Orellas Saco do Valle (CSIC) e Teresa Chapa Brunet (UCM). A tese obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude.

“Os datos ofrecen unha nova imaxe da evolución do poblamiento castrexo, do impacto e dos cambios causados pola conquista romana, entre os que destaca o desenvolvemento dunha intensa minería do ouro, materializada na zona tratada en preto de 500 explotacións mineiras auríferas, a maior parte inéditas”, sinala López González.

O seu traballo tamén analiza o estudo da construción dos castros (función e significado social das delimitacións, transformacións efectuadas para o acondicionamento do emprazamento ou planificación dos recintos e espazos interiores), prestando especial atención ás técnicas construtivas empregadas polas comunidades castrexas, ás innovacións e os cambios na construción e concepción do espazo doméstico, que traducen, en palabras do autor, “transformacións nas dinámicas sociais das comunidades castrexas”.

Ademais a tese trata en profundidade a minería aurífera da zona, desenvolta en época altoimperial romana, coa que se relacionan profundos cambios na estruturación do territorio. “Identificáronse labores mineiros e os sistemas hidráulicos que permitiron a súa explotación, así como o poblamiento vinculado a elas. Iso permite ampliar cuantitativa e cualitativamente o coñecemento sobre o impacto que os intereses imperialistas de Roma provocaron nesta rexión do noroeste peninsular”, apunta o autor.

Luís Francisco López González, doutor en Prehistoria pola Universidade Complutense de Madrid, colaborou en proxectos científicos centrados na Idade do Bronce no Sueste e a cultura castrexa. Na actualidade, a través da empresa Terra Arqueos, desenvolve proxectos de prospección, escavación e posta en valor de asentamentos castrexos e romanos no noroeste da Península Ibérica.

Artigos relacionados

Back to top button