ConcellosÚltima hora

O popular Elías Rodríguez continúa na alcaldía de Rubiá

A nova Corporación de Rubiá formábase nunha sesión plenaria celebrada na mañá do 15 de xuño. Está integrada por cinco edís do PP e catro do PSdeG-PSOE, que tomaban posesión dos seus cargos nesta sesión plenaria.

A continuación, dábase paso á elección do rexedor, sendo escollido novamente o candidato popular Elías Rodríguez Núñez, quen, de seguido tomaba posesión do cargo. Esta é xa a quinta lexislatura na que ocupa a alcaldía, farao novamento con maioría absoluta.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button