PolíticaÚltima hora

O PP do Barco presenta unha moción sobre a A-76 para o seu debate en pleno

A voceira municipal do PP, Sabina Aguado, nunha sesión plenaria./ Foto: A.R.

 

Dende o grupo municipal do PP do Barco vén de rexistrarse unha moción no Concello relativa á situación do proxecto da autovía A-76 para o seu debate en pleno. “Nesta moción, ademais de facernos eco do malestar da sociedade, criticamos que se marxina á provincia de Ourense e ás súas infraestruturas, especialmente unha que consideramos esencial para a comunicación da comarca, a xa mencionada A-76”, tal e como indica a voceira municipal do PP, Sabina Aguado.

Ademais, dende o PP, considérase que “non hai vontade política para levar a cabo este proxecto, que xa sufriu demasiadas demoras e que todo iso vese reflectido na drástica redución que sufriu no tramo que une A Veiga de Cascallá – O Barco de Valdeorras. Solicitamos que a Corporación municipal mostre o seu rexeitamento ante a consignación destes orzamentos a un proxecto tan importante para a nosa comarca como é a A-76”.

Así mesmo, na moción os populares “piden a convocatoria da Comisión Especial de Contas para debater e acordar unha serie de emendas a estes orzamentos que defendan os intereses particulares de Valdeorras e finalmente, que as emendas acordadas nesta comisión se trasladen aos diferentes grupos políticos galegos para que estes deféndanas no Congreso dos deputados”.

Artigos relacionados

Back to top button