En portadaÚltima horaVídeos

O proxecto “Laboratorio Mutante”, que aposta por amosar as novas realidades do rural, conclúe cunha festa en Manzaneda

Pola tarde, a partir das seis, haberá actuacións musicais na praza do Concello e pola noite no patio do CEIP

 

O rural non é algo dinámico, con hai novas narrativas, novas realidades e onde se xera cultura. Así o cre e así o vén de demostrar o proxecto “Laboratorio Mutante”, despois de varios meses de iniciativas e actuacións en diversos concellos das provincias de Ourense e Lugo. Coa exposición dos resultados do traballo realizado ata o de agora dentro conclúe neste sábado en Manzaneda este programa, impulsado por Outonía S. Coop. Galega en colaboración con outras entidades e cos concellos. Os actos de clausura comezaba ás 10:30h. desta mañá nos xardíns do Pazo da Pena de Manzaneda, onde se valoraban e expoñían as diferentes partes e creacións do proxecto.

 

 

“Estamos moi contentas tanto pola acollida do programa por parte da poboación local como pola repercusión que tivo nos medios e polas redes que se están xerando. Ao final hoxe é como un punto e seguido porque a idea é continuar, seguir mutando, seguir transformando e sobre todo porque é importante porque os grupos que participaron poñen en común. Participaron en pezas do proxectos que son similares, pero fixeron curtas distintas ou elaboraron murais diferentes ou partes de eventos tamén distintas, pero que conflúen nun mesmo mosaico, tal e como nós lle chamamos nós. Entón é un momento bonito porque vese un punto de devolución polos produtos que foron saíndo do laboratorio e, ao mesmo tempo, de devolución da propia experiencia, e como xa observamos xa hai conversas paralelas, poñen corpo a todo o que pasou e toda esa parte tamén é agradable e por esa banda moi contentas polo resultado”, destacan dende Outonía.

 

 

Dende a organización deste Laboratorio Mutante faise un positivo balance dende un punto de vista cualitativo, pero tamén cuantitativo xa que “son máis de 250 as participantes directas que, tendo en conta os concellos nos que vivimos, coa despoboación que nos afecta, son números moi bos porque case podemos falar de porcentaxes moi altas de poboación e, ao mesmo tempo, participou moita diversidade de idades, polo tanto houbo un impacto comunitario que non é só para un grupo de poboación”.

 

 

En conto no proxecto cífrase o alcande indirecto nas 1.300 persoas “e iso está moi ben, porque tendo en conta que son diferentes pezas, que se desenvolven dende marzo ata agosto é para nós unha ilusión tamén”.

O programa do remate deste proxecto, que ten como escenario Manzaneda, será, tras a presentación de resultados e o concerto de Carabela, o seguinte:

Na praza do concello :
18:00 Airiños da Porta Falsa
20:00 DJ Um sincero (pinchacumbias)

No patio do CEIP
22:30 Toma de Terra
23:30 Catuxa Salom
1:00 Dj Misa

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button