DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa-Valdeorras CF cae ante o Victoria FC no Aguillón

1-3 perdían as rapazas de Ricardo Basteiro na xornada 13ª da segunda división galega de fútbol feminino

Pouco acertado estivo o Rúa-Valdeorras CF na mañá do 11 de decembro. O conxunto rues segue resentíndose das baixas de xogadoras clave e acababa perdendo o encontro disputado no campo do Aguillón fronte ao Victoria FC de Santiago.

Eran as rapazas do Rúa as que se adiantaban no marcador na xornada 13ª da liga en segunda división, grazas ao gol de Rafaela no minuto 27, pero coa transformación dun dubidoso penalti que o árbitro pitaba a favor das visitantes, remataba a primeira metade co empate a uns.

A segunda parte do encontro foi de dominio santiagués e malia que as valdeorresas tentaban unha e outra vez achegarse á portería rival, non lograban desfacerse da defensa, e eran as rivais as que lograban darlle a volta ao resultado rematando o encontro co 1-3 final.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button