ConcellosÚltima hora

O sector da lousa considera “imprescindible” a A-76, tras a caída dos tramos do viaduto da A-6

 

Tendo en conta os dous derrubamentos no viaduto do Castro na A-6, o sector da lousa valdeorresa considera “imprescindible” que se impulse o antes posible o proxecto de construción da Autovía A-76. “É unha vía imprescindible porque constitúe a entrada natural a Galicia, nela hai menos neve que en Pedrafita”, asegura o presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo.

 

O presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ademais Cobo resalta que permitiría superar as limitadas comunicacións viarias da comarca. “Daríalle aos sectores produtivos desta zona, á comarca e a Ourense unha saída directa a Vigo ou Coruña. E tamén suporía mellorar a conexión con León, sobre todo, polos problemas que temos nos túneles da Barosa. Se pasa algo nalgún dos tres túneles, a saída cara O Bierzo volverá a ser pola comarcal 536, que é antiga nacional 120, e todos sabemos en que condicións está esa estrada”.

Artigos relacionados

Back to top button