CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Silent Film Music Caspervek comezará en Allariz o 10 de xuño

Este ciclo, promovido pola Fundación Vicente Risco, incluirá 5 proxeccións de cine mudo con música en directo

 

A Fundación Vicente Risco porá en marcha neste mes unha nova edición do ciclo Silent Film Music Carpervek, que consiste na proxección de películas mudas con música en directo. O programa encentarase o 10 de xuño ás 22 horas no Hotel OCA Vila de Allariz, ao aire libre, coa proxección do filme “O Golem de Paul Wegener” (1920) (Alemaña-78 min.), un clásico do cine impresionista alemán, sobre a lenda da estatua do Golem.

“No século XVI, no gueto de Praga o rabino Löw, famoso nigromante creou unha escultura de barro, o Golem, á que Astaharot duelle vida para que protexera aos xudeos da cidade”, explican dende a fundación. Como artista convidada actuará Andrea González ao saxofón.

O prezo da entrada é de 10 euros, e o bono de 5 películas é de 40 euros. Para mecenas e amigos da Fundación Vicente Risco o importe do bono é de 30 euros.

As inscricións deben enviarse nun correo electrónico indicando nome, apelidos, NIF, domicilio, teléfono e mail a secretaria@fundacionvicenterisco.com.

O ciclo incluirá cinco filmes e prolongarase ata o mes de setembro. A segunda das proxeccións terá lugar o 30 de xuño, tamén ás 22h. no Hotel OCA de Allariz, e nela poderá verse a película “Metrópolis” (1927) (Alemaña115 minutos) de Fritz Lang. Como artistas convidados estarán Clara Mascaró (viola), Tonio Comesaña (clarinete) e Julia Caro (cello).

Artigos relacionados

Back to top button