EconomíaEconomíaÚltima hora

O tecido empresarial e comercial de Verín volve implicarse no desenvolvemento do FIC Vía XIV

Os establecementos adheridos a Aever sortearán entradas para o espectáculo que Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio o vindeiro 9 de setembro

Foto: FIC Verín.

 

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, apoiará de novo o desenvolvemento do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV propoñendo, como en anos anteriores, a posta en marcha dun concurso que inste aos seus establecementos da vila a decorar os seus escaparates con motivos relacionados coa sétima arte.

Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros respectivamente e os establecementos distinguidos polo xurado daranse a coñecer no decurso da semana do certame. Os premios non poderán ser acumulables a un mesmo comercio.

Aever e o FIC Vía XIV de Verín anunciarán, con tempo suficiente, as bases desta iniciativa e os prazos nos que se activará para que todos aqueles comerciantes que o desexen poidan participar nela.
Encerrona

Xunto a isto, Aever vai sortear entre todos aqueles que realicen compras na súa rede de establecementos entradas para o espectáculo que o actor Pepe Viyuela ofrecerá no Auditorio na xornada do 9 de setembro, as 20:00 horas: Encerrona.

Para optar a gañar un dos tíckets gratuítos que Aever ofrece, só hai que realizar unha compra en calquera dos establecementos da asociación e cubrir unha ficha cos datos de contacto daquel que participa.

O sorteo celebrarase como mínimo unha semana antes da visita de Viyuela a Verín e os tickets poderán ser recollidos nos puntos que a organización do FIC e Aever determinen. Este sorteo terá lugar na sede da Asociación de Empresarios de Verín

Poderán participar en ambas as iniciativas todos os establecementos comerciais asociados a Aever e que o soliciten. A Asociación Cultural Vía XIV designará aos integrantes do xurado no caso do concurso de escaparates e o seu fallo será inapelable. Os locais comerciais interesados en inscribirse poden facelo a través do mail info@ccaverin.com ou enviando um whatsapp ao telefono 630 354 869.

Artigos relacionados

Back to top button