O espírito do Entroido esperta tamén en terras de Vilariño de Conso, despois dun ano sen poder celebrar esta tradición nas rúas debido á pandemia.
Os toques de bombos e aixadas volvían escoitarse na noitiña de onte, sábado, pola vila para ledicia da veciñanza ,que vive con especial arraigo e sentimento esta ancestral tradición. Os membros da Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso (nenos e maiores) facían unha ronda pola localidade, dando así os primeiros pasos dun Entroido cuxos protagonistas serán os veciños do municipio.
Fotos e vídeo cedidos.