Estivo preto do podio en K-1 sénior do Campionato de España de Maratón, tanto na distancia curta cun como na longa, pero finalmente a medalla chegaba en K-2 sénior. O padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez, que compite co Club Piragüismo Verducido-Pontillón, vén de lograr o bronce en barcos de equipo (xunto a Joaquín Iglesias) no Campionato de España de Maratón que se vén de disputar nesta fin de semana en Zamora.
O seu K-2 completaba o percorrido de 29.800 metros nun tempo de 1:57:24.6. A vitoria nesta proba quedaba en mans de Miguel Lloréns e Alberto Praza da Sociedad Cultural y Deportiva Ribadesella, cun tempo de 1:55:20.47.
Con todo, este resultado que lograba neste domingo, non lle permite ao barquense clasificarse para o Campionato do Mundo que terá lugar en setembro.
Nesta mesma proba tamén competían dous padexeiros do Fluvial Barco, o asturiano Miguel Fernández e o leonés José Julián Becerro, que quedaban segundos.
Fotos: Amanda.