CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O valdeorrés Anxo Rei cantará versos de Tovar na presentación na Limia dun libro e un compacto sobre este autor

Pechará este acto coa interpretación de cancións do disco “A rabala da pluma” do 2006
O cantautor valdeorrés Anxo Rei./ Foto: A.R.

O Museo da Limia, ubicado en Vilar de Santos, acollerá o vindeiro 14 de abril ás 18h. a dobre presentación do compacto “Casares, Valente, Tovar. Ourense, Xenebra, A Limia” e do libro “Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado”.

Este acto contará coa intervención de alumnos do CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga: Brais Fernández Fernández, de cuarto de educación primaria; Ainhoa Cabrera Teixeira, de quinto de educación primaria; Laura Fernández Losada, de sexto de educación primaria; e Ángel Fernández Rodríguez, de sexto de educación primaria, que lerán fragmentos do libro.

Actuará como moderadora a secretaria do Padroado do Museo da Limia, Sabela Rodríguez Jardón. O presidente do Padroado do Museo da Limia e introdutor do compacto, Delfín Caseiro, falará sobre o libro e o audio. O autor do volume e do comparto, Xosé Manuel del Caño, abordará a figura do poeta e reclamará que a Real Academia Galega lle dedique a Antonio Tovar o Día das Letras Galegas 2019.

Pechará o acto o cantautor valdeorrés Anxo Rei, coa interpretación de cancións do disco “A rabela da pluma (versos de Antón Tovar)”, editado no ano 2006.

Artigos relacionados

Back to top button