DeportesPiraguismoÚltima hora

O valdeorrés Jesús Rodríguez logra un 1 ouro e unha 1 prata no mundial máster de maratón

O piragüista barquense Jesús Rodríguez, competindo en K-2 veterano noutra cita interncional./ Foto cedida.

 

Ata dúas medallas colleitaba o padexeiro valdeorrés Jesús Rodríguez León no campionato do mundo máster que se está a disputar en Dinamarca. O piragüista do Fluvial Barco quedaba segundo en K-1 na categoría de 40-44, na que competían 11 padexeiros. O título ganábao o xaponés Lajos Gyokos, segundo segundo o valdeorrés.

Ademais, Rodríguez León competía en K-2 máster 40-44 anos xunto a Santiago Cruz e ambos facíanse co título nesta categoría, na que se medían con outros 6 K-2.

Artigos relacionados

Back to top button