CulturaCulturaÚltima hora

O xornalista valdeorrés Santiago Palmeiro presenta no Barco “Tierra sin aire”

O xornalista e escritor valdeorrés Santiago Palmeiro./ Foto: RRSS Santiago Palmeiro.

 

O Casino do Barco acollerá mañá a presentación do libro “Tierra sin aire” do xornalista Santiago Palmeiro, nun acto organizado polo Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV) previsto para mañá venres ás oito da tarde. “Trátase dun libro importante que narra a vida dunha familia oriunda de Alberguería (A Veiga) e emigrada a América e que chegou a ser das máis adiñeiradas e con poder politico e social daquel continente. Unha obra que goza que tivo unha gran acollida por parte da crítica e do público”, explica o presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado.

Palmeiro, nacido en Santa Cristina (A Veiga), ten un especial afecto por Albergueria e o libro forma parte dunha triloxía sobre esta aldea veiguesa, cuxo terceiro libro aínda non foi publicado.

Artigos relacionados

Back to top button