Nesta primavera retómanse as Xornadas de Música Tradicional do Courel, logo dunha paréntese de dous anos debido ao Covid. Están previstas para o vindeiro 15 de maio en Folgoso do Courel e, nesta ocasión, incluirán dous talleres, un deles a cargo do gaiteiro e mestre de gaita caldelao Diego Prieto, un dos gaiteiros seleccionados para representar a Galicia no concurso de gaita solista do Festival Intercéltico de Loriente, en agosto.
Así, Diego Prieto impartirá un obradoiro sobre gaita galega titulado “Afinación e posta a punto” en horario de 10h. a 13h. e de 16h. a 19h.
O outro dos obradoiros será de percusión de man, “Modos da muiñeira no pandeiro e outras percusións de man” , a cargo de Felisa Segade.
O prazo de inscrición estará aberto en ambos ata completar as prazas .