OurenseÚltima hora

Oito medallas para o CN Escualos no galego de fondo de natación máster

O campionato disputábase a pasada fin de semana na piscina Santa Isabel de Santiago de Compostela

 

A piscina Santa Isabel de Santiago de Compostela, acollía a pasada fin de semana o campionato galego de fondo de natación máster ao que asistían 16 nadadores do CN Escualos co obxectivo de “aspirar a todo”. E case o conseguen con oito medallas nas dúas probas (1.500 e 800m), dúas delas de ouro.

Na sesión de mañá, coas probas de 1.500m, Jesús Quintas facíase co ouro e récord galego en +45 masculino, mentres que Alejandro Rodríguez lograba o bronce en +30, ademais de algunha descalificación “moi rigurosa e algunha lesión”, puntualizan dende o club ourensán.

Na sesión de tarde, coas probas de 800 metros, si cumprían obxectivos con seis medallas: dúas de ouro (Cira Sánchez en +35 fem. e Rubén Álvarez en +35 masc.); tres de prata (Inés Marcos en +30 fem., Marta Mira en +35 fem. e María Carmen Rodríguez en +40 fem.); e unha de bronce (Josue Pazos en +30 masc.)

A nivel equipo, nunha clasificación moi iggualada lograban o 4º posto, destacando o segundo do equipo feminino con case todas as súas integrantes con medalla. “Gran competición para un club humilde como o noso que compite contra outros 27 de toda Galicia, moitos dos cales teñen nadadores que participan en competicións absolutas”, aseguran dende o CN Escualos satisfeitos coa actuación do equipo.

Fotos: CN Escualos

Artigos relacionados

Back to top button