O Concurso de videoxogo online Tristan Téllez, que tiña como protagonista o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil), no seu primeiro capítulo xa ten ganador. Trátase de Ricarco Escuredo Cid, a quen mañá, ás 13h. está previsto que se lle entregue o seu premio: 5.000 euros. O acto terá lugar no mesmo mosteiro románico de Santa Cristina.
Esta iniciativa está patrocinada por Aurea Visión e conta coa colaboración do Concello de Parada de Sil.