ConcellosÚltima hora

Os alcaldes da Gudiña e Riós transmítenlle á conselleira de Vivenda as súas demandas en materia de rehabilitación

Ambos rexedores mantiñan unha reunión en Santiago con Ángeles Vázquez
Os alcaldes do Riós e da Gudiña, na reunión coa conselleira de Vivenda.

Na mañá do 29 de outubro os alcaldes da Gudiña, José María Labo, e do Riós, Francisco A. Veiga, mantiñan unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na que lle trasladaban as súas demandas en materia de rehabilitación de vivenda. Durante o encontro, Vázquez Mejuto trasladoulles as distintas liñas de actuación do departamento que dirixe neste tema.

Neste senso recordoulles aos rexedores ourensáns que a semana pasada presentou en sede parlamentaria as contas do ano 2019 da Consellería, das cales o Instituto Galego de Vivenda e Solo destinará case 36 millóns de euros a través de diversos programas e modalidades de intervención en materia de rehabilitación. Unha das iniciativas máis salientables neste eido é o programa Rexurbe, dotado de 7,4 millóns de euros co fin de rehabilitar aqueles ámbitos degradados desde un punto de vista tanto arquitectónico como social co fin de volver convertelos nun motor para a súa contorna. Esta nova liña de acción pensada para axudar aos concellos a recuperar zonas e edificios degradado.

Tamén destacou unha partida para a rehabilitación dun importe de 9 millóns de euros, para axudar a particulares, comunidades de veciños ou promotores con actuacións dirixidas a conservar ou introducir melloras enerxéticas e de accesibilidade en edificios construídos.

Artigos relacionados

Back to top button