DeportesÚltima hora

Os bombeiros e policías de Ourense traen sete medallas dos “World Police and Fire Games”

Estes abandeirados da capital foron recibidos hoxe no Concello polo alcalde, Jesús Vázquez, e polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos
Os deportistas portaron as súas medallas na recepción.

Os bombeiros e policías locais ourensáns que participaron nos “World Police and Fire Games” (Xogos de policías e bombeiros) celebrados en Los Ángeles (California). En total, foron sete os participantes abandeirados de Ourense e trouxeron un moi bo palmarés á cidade.

Catro ouros, dúas pratas, un bronce e unha quinta e sexta posición son os postos que acadaron estes profesionais da seguridade nas súas respectivas competicións.

Estes deportistas foron recibidos hoxe, 4 de setembro, polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos, no Concello. O rexedor municipal reiterou que “hai que sentir orgullo como cidade” e salientou a calidade de ambos os dos corpos “que se esforzan diariamente e que aman o seu traballo”

Pola súa banda, a bombeira Almudena Suárez explicou que os adestramentos fanse día a día “nas gardas, apoiándonos a nós mesmos”. Asemade, contou que os compañeiros dos outros países “tiñan moito interese por coñeceres as termas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button