ConcellosÚltima hora

Os claroescuros da relación materno filial en clave de comedia, con “Loló e Mamá” no Barco

Esta obra da compañía De Ste Xeito Producciones porase en escena o venres 5 de outubro ás 21h. no Teatro Lauro Olmo

 

O vínculo nai-filla, tan forte como complexo e problemático.  A última proposta da compañía De Ste Xeito Producciones, “Loló e Mamá”,vexplora dende o humor esta relación familiar. Esta comedia, da que é autora e directora Esther F.Carrodeguas, representarase o vindeiro venres 5 de outubro no escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco ás 21h-.

A peza, interpretada por Stephy Llaryora e Josi Lage, amosa o reencontro e a nova convivencia dunha nai, Margot, que ao quedar no paro decide trasladarse á casa da súa filla, Loló. O que nun principio parecía unha moi boa idea, pronto se transforma en desastre.

 

Loló e Mamá conta cun “proceso de dramaturxia propia, contemporánea, eminentemente feminina, xurdida do noso proceso de investigación sobre o vínculo nai-filla; contemplando as súas interminables posibilidades vivenciais e artísticas”, segundo conta a compañía.

Con esta obra, de 75 minutos de duración, De Ste Xeito Producciones pretende, “extraer o ouro e o barro, o claroscuro máis auténtico dende ou “humor medio tráxico” ou o “drama medio cómico”; elementos e cores, todos eles presentes e integrantes necesarios desta relación; finalmente para todos unívoca e universal”.

 

Fotos: De Ste Xeito Producciones.

Artigos relacionados

Back to top button