ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os folións de Manzaneda, Viana e Vilariño desfilan polo casco vello de Santiago

Ata 11 entroidos galegos participaron no acto celebrado na mañá do 8 de setembro

Preto de 300 persoas de ata 11 entroidos galegos entre eles o de Manzaneda, Viana e Vilariño, participaban na mañá do 8 de setembro nun desfile polas rúas do casco vello de Santiago de Compostela no que puideron amosar a autenticidade, variedade e riqueza desta tradición.

Galicia conta con nove entroidos recoñecidos como festa de interese turístico. Dous deles, Xinzo de Limia, coas pantallas e Verín, cos cigarróns, acadaron xa a declaración como festa de Interese Turístico Nacional, mentres que outros sete son de Interese Turístico de Galicia. Trátase de Viana do Bolo, cos boteiros e folións; Cobres, coas madamas e galáns; Laza, cos peliqueiros; Manzaneda, coas mázcaras e o fulión; os Xenerais da Ulla (que abarca nove concellos da contorna da capital galega: A Estrada, Boqueixón, Padrón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces); Maceda, cos felos, e Vilariño de Conso, cos boteiros e folións.

 

Membros do Fulión de Manzaneda na praza do Obradoiro.

A práctica totalidade participaron neste Desfile de Entroidos, ao que tamén acudiron catro carnavais convidados especiais nesta ocasión: o Entroido Ribeirao de Chantada, cos volantes; as Bonitas de Sande (Cartelle), os Vellaróns de Riós e os Vergalleiros de Sarreaus.

Esta iniciativa promocional, impulsada pola Xunta, contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button