EconomíaEconomíaÚltima hora

Os gandeiros de Montederramo piden que a Xunta non lles cobre por levar as vacas ata a exposición o día da Festa da Carne

 

Con moito traballo e de forma totalmente altruísta, os gandeiros de Montederramo levan cinco anos organizando unha exitosa exposición de gando vacún no marco da Festa da Carne. Este ano non foi unha excepción e na xornada do 12 de outubro reunían unhas 200 cabezas de 36 explotacións de Trives, Castro Caldelas, Montederramo e Maceda.

 

 

Este ano ademais prestaban especial atención á baixada do gando, tanto o día 11 pola tarde como o 12 pola mañá, como un reclamo turístico máis. O resultado é moi positivo con moita xente vendo aos animais pero o traballo e moito e sen axuda por parte da Administración.

“Necesitamos apoio da Xunta, concretamente de Medio Rural, que hoxe deberían estar aquí dándonos asistencia (unicamente están os veterinarios), pero sobre todo pedimos que non nos cobren as guias que temos que facer nós para levar o gando á feira e traelo de volta a casa”, din dende a asociación de gandeiros, recoñecendo que “non é normal ter que pagar por levar as vacas a pé dun lugar a outro dentro do mesmo concello e volver a pagar para levalas de regreso a casa”.

 

 

Montan a exposición de xeito gratuíto porque queren que vaia xente ao pobo e co obxectivo de chegar a poder organizar unha feira e “que nos liberaran dese pago xa sería polo menos unha axuda”, conclúen.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button