OurenseÚltima hora

Os órganos colexiados da CHMS abordan o desenvolvemento do plan hidrolóxico e o novo plan de seca

Na xuntanza tamén se trataba a necesidade do uso sostible e eficiente da auga e da previsión económica para 2024, entre outros asuntos de interese

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), convocaba esta mañá aos órganos de goberno, participación e cooperación da demarcación, -Xunta de Goberno -XG-, Comité de Autoridades Competentes -CAC- e do Consello da auga -CAD-. Durante a xuntanza dábase abordábanse o informe de desenvolvemento do Plan Hidrolóxico vixente, o novo Plan Especial de Seca, a necesidade do uso sostible e eficiente da auga e da previsión económica para 2024, entre outros asuntos de interese.

Deuse conta do sétimo e último informe de desenvolvemento e seguimento da aplicación do plan hidrolóxico do ciclo 2016-2021, en vigor ata xaneiro de 2023, en cumprimento dos artigos 87, 88 e 89 ter. do Regulamento da Planificación Hidrolóxica, correspondente ao ano 2022 e lembrouse que en xaneiro de 2023 aprobouse mediante o Real Decreto 35/2023 o novo plan hidrolóxico para o ciclo 2022-2027, actualmente en vigor.

Conforme á última avaliación realizada, 204 masas de auga superficiais alcanzan o bo estado, das 279 delimitadas (un 73,47 %); en canto ás augas subterráneas o 67 % delas alcanzan o bo estado e 2 diagnosticáronse como malo.

Explicouse, ademais, que o grao de avance do programa de medidas de competencia estatal, supera o 60 % e, neste sentido, durante o pleno do Comité de Autoridades Competentes solicitouse a todas as administracións públicas información sobre o estado de execución das medidas da súa competencia recollidas no plan hidrolóxico vixente (ciclo 2022-2027), aprobado polo real decreto 35/2023.

Seca

En cumprimento do plan especial de actuación en situacións de alerta e eventual seca, presentouse á Xunta de Goberno o informe post-seca relativo ao episodio que tivo lugar entre febreiro e decembro de 2022 no que se analizou a intensidade e duración, os territorios aos que afectou, así como os impactos ambientais e socioeconómicos causados e as medidas que se adoptaron.

Ademais, informouse sobre o estado de tramitación do proxecto de novo plan especial de seca, que iniciou o seu período de información pública de tres meses o pasado 31 de marzo de 2023 e finalizou o 30 de xuño.

Durante o mesmo recibíronse 80 observacións, propostas e suxestións, o dobre que na consulta pública do plan vixente e máis do triplo que en 2007. A maior parte das propostas foron formuladas polos usuarios agropecuarios, máis da metade, seguida das asociacións en defensa dos intereses ambientais e os xestores e usuarios do abastecemento urbano. Tamén participaron outras administracións públicas, universidades, usuarios hidroeléctricos e particulares.

As suxestións versaron principalmente sobre o programa de medidas, os índices de estado e indicadores empregados para o diagnóstico da seca prolongada e a escaseza conxuntural, os caudais ecolóxicos en situacións de seca e a organización administrativa. O proxecto de plan debe someterse ao longo deste ano un procedemento de avaliación ambiental estratéxico ordinario. “É fundamental a colaboración de todas as Administracións e tamén da concienciación cidadá no uso sostible e eficiente do recurso”, finalizaba Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button