EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

Os participantes na Conferencia internacional SUITMA12 coñecen a lousa valdeorresa

Este encontro era organizado polo departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, sendo o presidente do comité organizador o valdeorrés Remigio Paradelo

 

Os solos son esenciais para acadar moitos dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e son unha das preocupacións mundiais. Porén, as actividades do home sobre eles teñen ido alterando as propiedades e a funcionalidade de moitos solos, especialmente durante o século pasado, ata o punto de que os solos antrópicos mereceron enfoques específicos para o seu estudo. Así o destacaban dende a conferencia A duodécima Conferencia sobre Solos de Áreas Urbanas, Industriais, de Tráfico, Mineirais e Militares (SUITMA12), que do 4 ao 7 de setembro analizaba na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a totalidade dos aspectos da investigación sobre clasificación, propiedades, funcionamento e xestión sostible dos solos antropoxénicos.

Este encontro era organizado polo departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC no 25 aniversario da creación do Grupo de Traballo da Unión Internacional de Ciencias do Solo (IUSS, polas súas siglas en inglés) nesta área. O presidente do comité organizador de SUITMA12 era o valdeorrés Remigio Paradelo Núñez.

 

 

Na sesións científicas participaban case cen asistentes de máis de 20 países, que debatían sobre cuestións como a cartografía dos solos urbanos, a contaminación e a restauración de solos degradados, ou o uso de residuos para a reconstrución dos mesmos.

A conferencia, que se celebra por primeira vez en España, afondaba de xeito especial no estudo dos solos urbanos, mineiros e outros fortemente afectados polas actividades humanas. De feito, como epílogo da conferencia, os días 8 e 9 de setembro, realizábanse visitas á mina aurífera romana das Médulas (León) e a explotacións de lousa de Valdeorras. Neste segundo percorrido estiveron guiados polo investigador e xeólogo Víctor Cárdenes.

Este foro servía para servirá para pór en común o estado actual da investigación sobre a clasificación, propiedades, función e xestión sostible dos solos antropoxénicos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button