EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Os preparativos da foto do cartel de Nadal do Barco CCA e de AEVA, en imaxes

Convidando a cidadanía a sumarse vén de iniciarse campaña de Nadal 2018. AEVA e O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) organizaban unha actividade a partires das once da mañá do 17 de novembro na praza do Concello da vila para facer unha foto que ilustrará o cartel da campaña. Para darlle un carácter máis festivo algúns dos asistentes viñan disfrazados ou levaban elementos con motivo relacionados co Nadal. Tampouco faltaba algunha mascota, como é o caso de Roque, que facía as delicias dos asistentes máis pequenos.

Nestas imaxes poden verse os momentos previos á toma da fotografía. Ademais no decurso desta actividade sortearanse tres pulseiras FITNESS XIAOMI MI BAND e algunha sorpresa máis. Ademais para “darlle un carácter máis festivo ao encontro e que vaia máis acorde coas festas vindeiras, convidamos aos asistentes a acudir disfrazados con motivos de Nadal”, engaden.

Fotos: O Sil.
Máis fotos:
https://osil.info/foto-de-familia-para-ilustrar-o-cartel-de-nadal-de-aeva-e-do-barco-cca/

Artigos relacionados

Back to top button