CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Os textos de Benjamín Vidal, Aleixandre Lago e Daniel Barral, finalistas do V Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

110 persoas de toda Galicia presentaron un total de 120 poemas

Benjamín Vidal.

 

O V Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán xa ten os tres textos finalistas entre os que se escollerá ao vencedor nunha gala que se celebrará a finais de outubro: Aleixandre Lago (A Coruña, 1992) co poema Meditación sobre Patinir; Daniel Barral (Vigo, 1997) con Visões de Gideão, e Benjamín Vidal (Baiona, 1996) co texto Sinal, corpo.

Os tres poemas, que optan a un premio único de 3.000 euros, foron seleccionados polo xurado integrado por Raúl Diz, Beatriz Dourado, Manuel Xestoso, Mª Carmen Gago e Delfín Caseiro, e están dispoñibles para a súa lectura na web da Fundación.

 

Daniel Barral.

 

A organización do Premio recibiu obras de 110 autores e autoras entrando a concurso finalmente as 120 pezas que cumprían os requisitos. Os autores dos poemas finalistas son todos nacidos na década dos noventa e dende a Fundación destacan a súa “calidade literaria a pesares de ser autores con escasa obra publicada”. Débora Álvarez Moldes, a directora da Fundación, explicou que o traballo do xurado non foi sinxelo, xa que “esa mesma calidade e profundidade lírica estaba presente en moitos outros poemas candidatos”.

O poema gañador será anunciado nunha gala que será a primeira que organiza a recén creada Fundación Florencio Delgado Gurriarán que quere que “represente os criteiros de promoción cultural desta nova etapa da organización, na que o autor de Córgomo segue sendo o centro da súa acción pero co protagonismo repartido en toda Valdeorras e expresións culturais da comarca”, aseguran.

 

Aleixandre Lago.

 

Artigos relacionados

Back to top button