Para afondar na historia e no legado de “Os Trabazos” está marcha un proxecto de investigación no marco do cal terá lugar mañá sábado, 18 de novembro, ás 19h. a conferencia “Os Trabazos de Castro Caldelas: resultados e incógnitas dunha investigación en curso”, que organiza o Concello de Castro Caldelas, conxuntamente coa Escola de Música Tradicional de Castro Caldelas. Terá lugar no salón no nobre do Castelo de Castro Caldelas.
Esta charla será impartida polo gaiteiro e investigador Diego Prieto, quen ademais tocará algunha peza do seu repertorio para amosar as músicas que interpretaban estes míticos gaiteiros. Ao remate os asistentes poderán desgustar bica manteigada caldelá.