OurenseÚltima hora

Ourense inicia a conta atrás para os Maios 2016

Lucirá o vindeiro domingo esplendorosa como colofón a unha fin de semana chea de cultura, moda e gastronomía
Imaxe dos Maios do ano pasado, en Ourense.
Imaxe dos Maios do ano pasado, en Ourense./Foto: Carlos G. Hervella

A cidade de Ourense dará a benvida á primavera o vindeiro domingo. Estrea mes e aires de preverán coas súas mellores galas e facendo gala dun dos seus atractivos turísticos: a celebración dos Maios, festa de interese turístico. Non obstante, aqueles que decidan pasar a próxima fin de semana na cidade das Burgas, tamén poderá disfrutar de mostras culturais, moda na rúa e gastronomía local.

O Concello presentou esta mañá, 26 de abril, o programa de actividades da que califica coma unha das festas “máis tradicionais e senlleiras da cidade”, a dos Maios, declarada de interese turístico. Segundo verbas da edil de Cultura, Belén Iglesias, esta é “unha aposta firme pola dinamización cultural e polo mantemento das nosas tradicións”. Os festexos comezarán arredor das 11.00 horas, coa colocación dos Maios. Pero xa na noite do sábado, contra as 22.30 horas, xa haberá un entrante festeiro: un concerto de Prímula, na praza de San Francisco. A entrada, de balde.

Na xornada do domingo, día central dos Maios, o programa musical correrá a cargo dos gaiteiros Os Carapaos e Os Gomes Mouros. Tamén haberá animación, coplas, o xantar na pérgola, xogos populares e a entrega de premios, que será ás 18.30 horas. Os encargados de baixar o telón serán os membros do grupo Sons do Douro, que ofrecerá un concerto final ás 19.00 horas. Ademais, na Alameda levarase a cabo durante todo o día a elaboración tradicional dun Maio, para mostrar ao público a súa creación.

Pero Ourense ofrece moito máis ao visitante esta fin de semana: durante estes días continúa a programación da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu), na noite do venres celébrase a IV Shopping Night, cos comercios do centro abertos ata a medianoite, e o Concurso de Pinchos de Primavera, que atravesa o seu ecuador.

Artigos relacionados

Back to top button