ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil desprega un programa de actividades para desfrutar do outono e das súas tradicións

Unha das paisaxes de Parada de Sil, no outono./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Parada de Sil vén de retomar as actividades de outono despois do parón sufrido pola pandemia. “Dende fai anos o concello tenta levar a cabo distintas actividades nas fins de semana de outubro e novembro para atraer visitantes e así dar pulo ós negocios e dar a coñecelo concello.
O lema establecido é “Descobre as paisaxes ao son da caída das follas”, lema que precismanete se colleu porque dende o Concello se considera que as cores da caída da folla das cepas ofrecen unha mestura de cores inigualable e pódense apreciar dende moitos sitios, mesmo dende as rutas de sendeirismo e BTT”, explica o concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Paco Magide.

As actividades comezaba nesta fin de semana cun taller na tarde do día 22 adicado a preparar a festa do Samaín que terá lugar o día 30 de outubro. Cabe destacar que este ano o 23 tiña lugar a XV Carreira por Montaña Cañón do Sil, a decana de Galicia na que están inscritos 380 participantes e que é a proba de clubes de Galicia.

 

 

 

O día 5 de novembro ten lugar a XV Andaina da Castaña e tamén a andaina de cativos e conicidindo con ela terá lugar o magosto popular en Parada de Sil actividades que por pimeira vez coinciden ese día.

Como non podía ser de outra maneira na Fábrica da Luz teá lugar o día 6 de novembro unha xornada micolóxica con recollida de setas e degustación das mesmas e estas actividades. E o día 12 terá lugar o San Martiño de Sacardebois grande magosto popular e o máis antigo do concello con orquesta. O alcalde quere agradecer a comisión organizadora do mesmo que se retome esta festa tradicional e popular.

A Festa da Pisa da Castaña

O colofón a esta actividades porase coa Festa da Pisa da Castaña, xa polo IX edición que se celebrará na localidade de Purdeus onde se recrea na realidade a pisa da castaña despois de tela a secar nun sequeiro máis de 15 días. Nese mesmo lugar haberá feira de produtos da zona.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quere agradecer á comisión organizadora do mesmo que se retome esta festa tradicional e popular. Tamén amosa o seu agradecemento á asociación veciñal de Chandrexa de Sil, a Asociación Ouro do Sil e ao Clube de Montaña Ribeira Sacra a súa implicación para que estas actividades poidan levarse a cabo.

Artigos relacionados

Back to top button