EconomíaEconomíaÚltima hora

Parada de Sil estrea perruquería

Publicidade

 

A moza emprendedora Verónica Mañas vén de abrir unha perruquería en Parada de Sil baixo o nome de “Aurora do Sil”. Dende este sábado 1 de outubro a veciñanza desta localidade e doutras limítrofes xa dispoñen dun novo servizo necesario como é o de perruquería. Ademais esta xove tamén traballará a domicilio.

Dende o Concello de Parada de Sil, o seu alcalde, Aquilino Domínguez, deséxalle “toda clase de éxitos”.

Verónica Mañas, á que os veciños coñecen como “Vero”, trasladouse hai seis anos a vivir a Parada de Sil co seu marido e ten dous cativos de 3 e 9 anos para os que “Parada de Sil é un grande motivo de satisfacción”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button