ConcellosÚltima hora

Persoal de extinción axuda a un corzo deshidratado no Invernadeiro (Vilariño de Conso)

 

Fronte á devastación que están a deixar en zonas galegas como o oriente ourensán ou o sur da provincia de Lugo os incendios, ás veces tamén xurden raios de esperanza. É o caso da historia que contan estas imaxes, nas que os membros dunha das brigadas que están a traballar na extinción do incendio de Pradoalbar (Vilariño de Conso), que afecta ao Parque Natural do Invernadeiro, axudaban a un corzo que estaba totalmente deshidratado.

Refrescándoo e dándolle auga, axudárono a recuperarse. Unha imaxe bonita e moi tenra na que a vida faise paso fronte ao inferno dos lumes.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button