ConcellosPetínÚltima hora

Petín conta con dous casos activos de Covid-19

Vista parcial de Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Despois de varias semanas libre de Covid, na xornada do 22 de decembro de 2020 o Concello de Petín confirmaba un novo caso activo no municipio. Pasaron os días, incluso as semanas, e na xornada do xoves 7 de xaneiro, a administración local confirmaba un segundo caso que se mantén hoxe.

Así, segundo os datos ofrecidos polo Sergas ao Concello, o número de casos activos de coronavirus na xornada deste venres 8 de xaneiro en Petín é de 2, polo que “rogan seguir cumprindo as recomendacións sanitarias”.

Con respecto ao número de novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días, sitúase entre 1 e 9, sendo a incidencia acumulada para o concello de >50 ≤150.

 

Artigos relacionados

Back to top button