
Con tres podios saldábase a participación ourensá no Descenso do Miño de Lugo, desputado o 10 de xuño coa participación de 370 piragüistas (264 homes e 106 mulleres) pertencentes a 30 clubs. A representación ourensá corría a cargo do Fluvial O Barco, Escola Ourensá Municipal de piragüismo, Fluvial Avión-Catamarán Ribeira Sacra e Fluvial Allariz.
A regata cubría un percorrido de 17,5 km para as categorías veterano, junior e senior masculino e outro de 8 km para as restantes. O mellor resultado ourensán viña da man do K-2 senior valdeorrés, formado por Jesús Rodríguez León e Bernardo Sánchez que se facía co triunfo. Tamén ganaba en K-1 a veterana Mónica Piñeiro do Fluvial Avión. En segundo lugar conseguía clasificarse a cadete Paula Segura (Fluvial Allariz).