DeportesPiraguismoÚltima hora

Prata en K-2 sénior para o Fluvial Barco no campionato galego en pista de piragüismo

Os padexeiros do Fluvial Barco no podio do campionato galego./ Foto cedida.

 

Preto de 30 clubs de diferentes puntos de Galicia participaban na pasada fin de semana no Campionato galego sénior de piragüismo en pista sprint, sénior e xuvenil. Disputábase en embarcacións individuais (K-1), de dous padexeiros (K-2) e tamén de catro (K-4) nas distancias de 1.000 m, 500 m e 200 m no Complexo Deportivo David Cal no encoro de Verducido (Pontevedra)

Entre os participantes nesta cita había dous clubs da provincia de Ourense: o Fluvial Barco, que se facía co subcampionato en K-2,  e o Fluvial Allariz, segundo informa a delegación ourensá da Federación Galega de Piragüismo.

Así o K-2 valdeorrés formado polos padexeiros Miguel Fernández e José Julián Becerro conseguía a prata na distancia de 1.000 m. Ademais o K4 de Jesús Rodríguez, Marcos González, Miguel Fernandez, José Julian Becerro situábase en sétima posición na distancia de 500 m, mentres que o K-2 mixto en 500 m de Saúl Rodriguez e Marta Paradelo quedaba 17º. En definitiva, un saldo moi favorable para o Fluvial Barco. Por equipos, o club valdeorrés ocupaba o posto 16.

 

Membros do Fluvial Allariz./ Foto cedida.

No que se refire ao Fluvial Allariz, o K4-500m de Borja Conde, Marcos Borrajo, Pablo Vilanova, Diego Conde entraba no posto 26º. Ese mesmo posto era o que conseguía o Fluvial Allariz por equipos.

Artigos relacionados

Back to top button