EconomíaEconomíaÚltima hora

Preparando os solos para o cultivo da pataca na Limia

O laboratorio do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde atópase nestes días a plena produtividade xa que unha parte importante das máis de 3.000 analíticas anuais de solo que realiza se corresponden con solos de cultivo de cereal e pataca desta zona da provincia

 

O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde está estes días a pleno rendemento porque coa chegada do bo tempo no pasado mes de marzo están moi adiantados os labores de preparación dos solos destinados ó cultivo da pataca da Limia. Unha parte fundamental de dita preparación é a realización dunha análise de solo que permita mellorar a rendibilidade das explotacións ao asegurar unha correcta fertilización e posibilita unha maior produción e calidade, sen que isto supoña un prexuízo para o medio natural.

Por elo, o laboratorio do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde atópase nestes días a plena produtividade xa que unha parte importante das máis de 3.000 analíticas anuais de solo que realiza se corresponden con solos de cultivo de cereal e pataca da Limia.

En relación ó cultivo da pataca, o laboratorio do Inorde realiza anualmente preto de 1.700 analíticas de determinación de presencia na terra de cistes de Globodera spp, patóxeno que causa importantes perdas económicas neste cultivo e no que o Centro Agrongandeiro é o único laboratorio acreditado pola Empresa Nacional de Acreditación (ENAC) no ámbito estatal para a súa determinación.

Así mesmo, dende esta entidade provincial destácase “o importante investimento” que destina ao “mantemento deste tipo de solucións técnicas co fin último de lograr un sector primario forte, tecnificado e competitivo sen que isto leve asociado un menoscabo do necesario respecto ó medio ambiente”.

Artigos relacionados

Back to top button