Despois de facelo na Coruña e Pontevedra, o Instituto Galego de TDAH (Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade) e Trastornos Asociados, presenta oficialmente a súa sede en Ourense, cunha gala de carácter informativo e lúdico que terá lugar o venres día 10 de outubro no salón de actos “Marie Curie”, situado no edificio politécnico do Campus Univdersitario.
A cita será a partires das 19h. e a asistencia estará aberta ao público enxeral, a familiares e afectdos, e a profesionais (da sanidade, da educacion e/ou outros ámbitos) que podan estar interesados.
A gala arrancará coa presentación a cargo do actor Sergio Pazos e continuará coa intervención de Elvira Ferrer Vázquez quen falará da Fundación. De seguido haberá unha conferencia a cargo do presidente de INGADA, Ángel Carracedo Álvarez, e unha proxección audiovisual. O acto pecharase coas actuacións do Mago Rafa co seu espectáculo “Reilusionarte” e do grupo folclórico Queixumes dos Pinos.