OurenseÚltima hora

Preto de mil deportistas daranse cita no torneo internacional de xinmasia rítmica de Ourense

Este evento, organizado polo Club Marusia e a Deputación de Ourense, celebrase os días 29 e 30 de marzo no Paco Paz
Un exercicio de ximnasia rítmica.

A VII edición do Torneo Internacional “Ourense a provincia termal” de Ximnasia Rítmica citará a preto de mil deportistas os días 29 e 30 de marzo en Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

A competición de conxuntos escolares, conxuntos de promoción, individuais de promoción e individuais base comezará o xoves 29 de marzo, cunha participación estimada de 800 ximnastas. O horario da competición desta xornada será de 9:30 a 13:30 horas con entrega de trofeos e, de 16 a 21 horas tamén con entrega de trofeos.

Ao día seguinte, o venres 30 de marzo, tocaralle o turno ás competicións individual masculina absoluta, federado equipos e 1ª categoría. A esta xornada estímase unha asistencia de 120 deportistas de diferentes clubs a nivel nacional e internacional. Igual que na xornada inaugural, a competición comezará ás 9:30 e en torno ás 13:30 horas preocederase á entrega de trofeos, seguindo o mesmo esquema na sesión de tarde: de as 16 a 20 horas e entrega de trofeos.

Bernardino González, Pili Cobelas, Rosendo Fernández e Javier Rodríguez, na presentación do torneo.

No torneo, organizada polo Club Marusia e a Deputación de Ourense, participarán un total de 42 Clubs de Galicia, Castela León, Portugal, Asturias, Murcia, Valencia, Castela A Mancha e Moscú.

Como peche do evento, o sábado 31 de marzo, realizarase unha clase mestra a cargo de Yana Lukonina, adestradora da Selección de Rusia no Centro de Preparación Olímpica de Moscú. Foi dúas veces Campioa de Europa, Campioa do Mundo por Equipos e tamén posúe o título de Xuíza Internacional. Asistirán a esta xornada técnica 70 participantes. E xa para rematar, a partires das 19 horas, celebrarase unha gala de exhibición, na que participarán diferentes ximnastas que estiveron na clase mestra, así como dous conxuntos de ximnasia estética do Club Acordes de Narón e tres equipos de Ximnasia Acrobática do Club Burgas. Tamén participarán ximnastas rusas xunto con ximnastas do club anfitrión.

Artigos relacionados

Back to top button