EconomíaEconomía

Promoción de produtos galegos

O Concello do Barco de Valdeorras achégase ata Cataluña para dar a coñecer a súa gastronomía e recursos turísticos

Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A mediados de marzo (entre o 15 e o 17), o Concello de Terrassa (na provincia de Barcelona) celebraba a XXII edición da Mostra da Diversidade Cultural, unha feira bianual que este ano contaba co Barco de Valdeorras entre os convidados de honra.

Ao longo de tres días, o recinto feiral de Terrassa foi escenario dunha gran diversidade de actividades, gastronomía, música, artesanía… tódalas manifestacións culturais da cidade catalana pero tamén doutros lugares de España e incluso de Sudamérica e África.

O do Barco de Valdeorras representado por parte da corporación municipal co alcalde Alfredo García á cabeza, foi o único concello galego presente na mostra, a través da oficina do CPT (Centro de de Promoción de Produtos Tradicionais), compartindo stand coa Irmandade Galega O Noso Lar de Terrassa, presidida por Antonio Rodríguez (natural do Bolo).

O resto de stands ocupáronos representantes de Tierras de Caballeros-Tablas de Daimiel (Castela A Mancha), Monterrubio-Comarca de la Serena (Extremadura), Caravaca de la Cruz (Murcia), Fiñana (Andalucía), Brasil, Marrocos e Senegal.

Todos dispostos a dar a coñecer parte da súa cultura, porque unha feira destas características pola que pasan centos de persoas, é unha boa forma de fomentar non só un país ou rexión turisticamente, senón tamén gastronómica e culturalmente, cun stand de promoción e degustación no interior do recinto e outro de venda no exterior.

Texto e foto: Mónica G. Bellver/ Terrassa (Cataluña)

(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button