CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Publícase a 2ª listaxe de alumnado convocado e en lista de espera para titulacións nas universidades galegas

 

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) vén de publicar neste sábado 15 de xullo os resultados do segundo chamamento a matrícula para formalizar a matrícula nas titulacións de grao e dobres graos ofertadas nas tres universidades públicas galegas.

“No caso de seren convocadas/os a matrícula na titulación da súa primeira preferencia, o alumnado terá de prazo desde o domingo 16 de xullo ás 00.01 ata o luns 17 de xullo ás 23.59 para formalizar a matrícula”, segundo a CiUG.

Tamén informa esta entidade de que “unicamente poderán matricularse aquelas persoas que posúan cualificación igual ou superior á da última persoa convocada en cada titulación. Se a persoa solicitante aparece convocada nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia poderá esperar a matricularse nela (en sucesivas convocatorias) en tanto non peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. Este proceso terá que facelo tantas veces como listaxes de persoas convocadas se publiquen. No caso de matricularse nunha titulación de inferior preferencia, decae nos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con preferencia superior”.

A listaxe pode consultarse aquí: segundo_prazo

Artigos relacionados

Back to top button