ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga contará este verán con 12 mozos voluntarios

Foto: Concello de Quiroga.

Doce mozos asinaban esta semana o acordo de colaboración co Concello de Quiroga para prestar servizos como voluntarios durante este verán. O programa de voluntariado solicitado polo concello a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, servirá para que estes rapaces poidan ampliar o seu currículum.

Na sinatura do documento atopábase o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, o concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, e a concelleira de Servizos Sociais, Loli Sánchez.

Once destes voluntarios prestarán servizo nos campamentos de verán, para nenos de 4 a 12 anos de idade, que puxo en marcha o Concello de Quiroga mentres que un farao na Radio Televisión Municipal de Quiroga.

Durante o protocolo de firma do convenio os concelleiros de xuventude e servizos sociais, que son as encargados de coordinar o traballo que realizan, informáronos de como vai ser o seu labor e de como deben proceder no coidado dos nenos que participan nos campamentos de verán.

Artigos relacionados

Back to top button