CulturaCulturaÚltima hora

Rafael Godás e Marco García presentan “Son para Audiovisuais” no FIC Vía XIV de Verín

Trátase dun completo manual técnico dirixido, fundamentalmente, a estudantes de imaxe e son sobre a ligazón entre música e imaxe

Rafael Godás e Marco García, na presentación do libro no FIC Vía XIV de Verín./ Imaxe: FIC.

 

O son chegou hai case un século ao mundo do cine e fíxoo para quedarse. De feito, a creación dunha banda sonora presenta as mesmas posibilidades creativas que a montaxe. Así o apuntaban esta tarde Rafael Godás Ibáñez e Marco García Torres na presentación do seu libro Son para Audiovisuais, dentro do VI Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín.

E facíano de maneira moi didáctica e amena no Auditorio, intercalando proxección de diferentes escenas, entre elas as dunha película ambientada a finais dos anos 20, momento no que se vai introducindo o cine sonoro, o que supuxo unha reconversión dos estudos cinematográficos.

Son para Audiovisuais é un completo manual técnico dirixido fundamentalmente a estudantes de imaxe e son sobre a ligazón entre música e imaxe. Nesta obra Marco García Torres e Rafael Godás Ibáñez, profesores na área de imaxe e son, trasladan aos lectores trucos e exemplos de probada eficacia para que poidan comezar a crear bandas sonoras con resultados profesionais.

A publicación está editada por Altaria, unha editorial especializada en manuais técnicos para estudantes de Formación Profesional. “O primeiro público obxectivo da obra é o dos estudantes”, sinalou Godás ibañez porque “nós, os autores, somos profesores”.

 

Os autores co libro./ Foto: FIC.

 

Esta presentación, realizada nesta tarde de 9 de setembro no Auditorio de Verí, é “a primeira que realizamos da obra, pretendemos ampliar o público ao que se dirixe a publicacion e levala tamén ata posibles creadores”, engade o co-autor do libro.

A ligazón entre a área sonor a e a área visual é un dos eixes recurrentes das actividades paralelas que o FIC Vía XIV prevé para o seu público. “A conexión entre ambos ámbitos inspira a obra Son para Audiovisuais e consideramos que o noso certame era un lugar axeitado para acoller unha presentación do libro”, apunta Carlos Montero, director do festival de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button