OurenseÚltima hora

Rescatado un escalador ferido no Parque Natural do Xurés

 

Un escalador sufría diversas lesións mentres practicaba este deporte no coto das Gralleiras, no Parque do Xurés, no concello ourensán de Muíños, tal e como informa o 112 Galicia, cuxo persoal debeu xestionar a mobilización dos recursos necesarios para atender e evacuar a un escalador que sufriu diversas lesións.

Pasaban das catro e media da tarde, cando o home contactou co 112 Galicia para dar conta do suceso. “Indicaba que debido a unha caída de altura levara un forte golpe e solicitaba asistencia médica urxente. Igualmente, indicaba a dificultade para acceder ao lugar onde se atopaba, nunha zona de rochas”, segundo o 112 Galicia.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia púxose en marcha un operativo que contou coa intervención dos profesionais sanitarios, do GES de Muíños, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Xa no lugar, os equipos de intervención confirmaron ao 112 Galicia que “o home presentaba varias fracturas e que procedían a súa evacuación ata a Portela de Pitões, onde os agardaba unha ambulancia para o traslado do ferido ao centro hospitalario de referencia”.

Artigos relacionados

Back to top button