
O alcalde do concello valdeorrés de O Bolo, Manuel Corzo, mantiña na mañá do 12 de xaneiro unha reunión en Santiago coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Nela a conselleira escoitaba as súas demandas e tamén se abordaban diversos temas de actualidade no eido de emprego.