ConcellosO BarcoÚltima hora

Reunión dos irmáns Brasa Calvo no Barco

Compartían, xunto aos seus cónxugues, un xantar familiar na Casa Galaica

 

Con gran entusiasmo e alegría vivían os irmáns Brasa Calvo, naturais de Xagoaza, o seu reencontro o Domingo de Ramos, 2 de abril no Barco. Así reuníanse nove dos dez irmáns reuníanse, e as súas esposas/os, arredor na mesa na Casa Galaica para compartir un xantar, conversa e moitos recordos.

Así os irmáns que participaban nesta xuntanza eran, por orde de maior a menor, María Teresa, Eulogio, Manuel, Delfín, Elena, Antonio, Luis, Julio e Mauro. Aínda que a maior parte estiveron emigrados fóra de Valdeorras, co paso do tempo algúns regresaron á comarca, pero catro deles aínda seguen fóra. “Veu a nosa irmá María Teresa que ten máis de 80 anos dende Bacelona e outros dous irmáns dende Andalucía”, explica Julio Brasa.

 

 

Tras o xantar, os asistentes a esta reunión compartían  a tarde cun paseo e tomando algo no Malecón e, finalmente, remataban a xornada na casa dun dos irmáns.

A última vez que se xuntaban fora no outono do 2019. A chegada da pandemia interrompía estes encontros familiares, que pretenden seguir mantendo. “Cada vez é máis difícil, sobre todo para os irmáns que están fóra, imos maiores e sempre xurden complicacións, pero mentres poidamos imos tratar de seguir facéndoo”, indica Julio Brasa.

Artigos relacionados

Back to top button