CulturaCulturaÚltima hora

Rodaxe nas Médulas dun filme sobre o Camiño de Santiago

Unha produtora alemana leva ao cine o best seller autobiográfico sobre o cómico Hape Kerkeling

Nos últimos días Valdeorras viuse invadida por estranxeiros. Por unha banda ciclistas internacionais que participan no mundial en ruta que se está celebrando en Ponferrada; e por outra, o equipo das produtoras Ufa Cinema (Alemania) e Fresco Film Services (España).

Un cento de persoas (actores, guionistas, produtores, cámaras,…) escollían A Rúa e o Barco de Valdeorras como base na fin de semana do 20 e 21 de setembro. O motivo, a rodaxe nas Médulas (León) dunha parte do filme “Ich bin dann mal weg (I’m off)”, en español “Hasta luego!”, baseada no libro autobiográfico do comediante alemán Hape Kerkelling.

A longametraxe, cuxa rodaxe chegará a Santiado de Compostela nos vindeiros días, narra a decisión tomada polo protagonista de facer o Camiño de Santiago para atoparse a si mesmo, logo dun incidente que o leva ata o hospital co cal descubre o a ausencia de espiritualidade na súa vida.

A dirección do filme corre por conta de Julia von Heinz, con Devid Striesoww (Hape), Martina Gedeck (Stella) e Karoline Schuch (Anne) como actores protagonistas.

Máis información na edición en papel do periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button