O Concello de Rubiá súmase as citas gastronómicas de inverno en Valdeorras organizando a 1ª Festa da Matanza para o venres 6 de decembro.
Será en torno a un xantar, previsto para as 14 horas nunha carpa climatizada na praza do Concello, cun menú formado por cocido completo de matanza, viño, sobremesa e licores. Entre os asistentes sortearanse tres lotes de produtos típicos da matanza.
O prezo das entradas é de 15 euros (menores de 5 anos de balde) e, aínda que a data límite para mercalas era o 28 de novembro, xa están esgotadas polo que ese día xuntaranse máis de 260 persoas.