ConcellosÚltima hora

Sae a concurso a contratación das obras de reparación da piscina climatizada do Barco

O orzamento de execución por contrata destes traballos é de 248.359,69 euros (IVE incluído)

 

Imaxe do interior da piscina climatizada antes do seu peche./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ata o vindeiro 16 de outubro estará aberto o prazo de presentación de ofertas para a contratación das obras de reparación e mantemento do edificio da piscina climatizada municipal do Barco. O orzamento de execución por contrata destes traballos é de 248.359,69 euros (IVE incluído).

A intervención consistirá, fundamentalmente, na ampliación do rebosadeiro do vaso da piscina, substitución dos recercados dos ocos, colocación de nova porta de acceso á instalación, renovación dos acabados das duchas e aseos, reparación de sumidoiro de baños e duchas, reparación de sumidoiro de cuberta, tratamento de perdas do vaso da piscina, renovación do corredor entre a piscina e os vestiarios, pintura interior e outra actuacións, segundo consta na documentación do contrato de obras.

O prazo máximo de execución da obra é de catro meses “a contar dende a data do acto de comprobación do replanteo”, tal e como se inclúe nas bases de contratación.

Artigos relacionados

Back to top button