EconomíaEconomíaÚltima hora

Saen á venda as entradas para a XXI Festa a Empanada de Costrelas da Rúa

A cita gastronómica será o 23 de decembro no campo de San Roque

Asistentes á anterior edición da festa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un día despois de que o Concello de Petín anunciara o esgotamento das estradas para a Festa da Freba, a Asociación Sabugueiro poñía á venda as da XXI Festa da Empanada de Costrelas da Rúa, que se celebrará o sábado 23 de decembro a partires das dúas da tarde.

A esa hora, a carpa climatizada ubicada no campo de San Roque, abrirá as portas para acoller aos comensais que poderán degustar un exquisito menú a base de sopas de allo, empanada de costelas adobadas e torta de roxóns, á parte de viño, café e licores.

 

 

Para poder acceder ao recinto, degustar o menú e tamén botar un baile, deberán mercarse as entradas que custarán 20 euros (1 será para a asociación) e están á venda ata o 21 de decembro nos lugares habituais: O Colmado,  Peluquería Esencia, O Café, Maphre, Artesanos Peyma, A Cervecería e Xardinalia Floristería.

A fin de festa correrá de novo por conta de disco show Danzalia con baile “ata que o corpo aguante”.

Artigos relacionados

Back to top button